Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22401

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1291/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1291/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Lago Estévez contra a empresa B Art Pinchos y Tapas, S.L. y el Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza, do 11 de maio de 2012, cuxo ditame se xunta:

«Decido que, estimando a demanda formulada por Sergio Lago Estévez, con DNI 32823866-Z, contra a empresa B Art Pinchos y Tapas, S.L., cualifico como improcedente o despedimento do 28.11.2011 e declaro extinguida a relación laboral do demandante coa demandada, na data 11.5.2011, e condeno a devandita empresa a estar e pasar por tal declaración, e a que lle aboe ao traballador as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios

1.656,6 €

(41,25 días*40,16 €/día)

6.666,56 € (28.11.2011/11.5.2012)

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditalo mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivos para impugnar, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a B Art Pinchos y Tapas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2012

A secretaria xudicial