Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22394

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra

EDICTO (32/2012).

Procedemento: xuízo verbal 563/2011.

Sobre: outros verbal.

De: Dionisio Argüello Ferrero.

Procurador: Francisco Javier Almón Cerdeira.

Avogado: Ignacio Manzanal Alonso.

Contra: Cortes Derribos y Excavaciones, S.A.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 32/2012.

Pontevedra, dezasete de febreiro de dous mil doce.

María Ángeles González de los Santos, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 1 de Pontevedra e o seu partido, despois de ver os presentes autos de xuízo verbal número 563/2011, seguido por instancia de Dionisio Argüello Ferrero, representado polo procurador Francisco Javier Almón Cerdeira e defendido polo letrado César Ignacio Manzanal Alonso, contra Cortes, Derribos y Excavaciones, S.A., en situación procesual de rebeldía, ditou, en nome do rei, a seguinte decisión:

Que estimando a demanda presentada polo procurador Francisco Javier Almón Cerdeira, en nome e representación de Dionisio Argüello Ferrero, contra Cortes, Derribos y Excavaciones, S.A., en situación procesual de rebeldía, debo condenar a sociedade demandada a pagarlle ao demandante a cantidade de 4.057,20 euros, co xuro do artigo 576 da LEC.

As custas procesuais impóñense á parte demandada.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poden interpor recurso de apelación, que se preparará por escrito ante este xulgado dentro do prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, logo de depósito da cantidade de 50 euros na conta de consignacións e depósitos deste xulgado».

Ao non coñecer o enderezo de Cortes, Derribos y Excavaciones, S.A., dítase este edicto para que sirva de cédula de notificación da sentenza.

Pontevedra, 26 de abril de 2012

O secretario xudicial