Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22390

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4051/2008 RF).

Nas actuacións de recurso de suplicación 4051/2008 RF a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 693/2007 do Xulgado do Social número 2 de Vigo, promovidos por María Lago Pazos contra Rodríguez Pascual y Cía., S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, M. Muñoz Alimentación e Conservas María Núñez sobre xubilación, con data 11 de maio de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que debemos estimar e estimamos parcialmente o recurso de suplicación interposto polo letrado Rodolfo Hinrichs Vázquez de Parga, en nome e representación da empresa Rodríguez Pascual y Cía., S.L., contra a sentenza ditada en autos número 693/2007 polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, de data doce de marzo de dous mil oito, e, en consecuencia, debemos revogar e revogamos a sentenza de instancia, no único aspecto de condenar como responsable do pagamento da pensión de vellez SOVI o Instituto Nacional da Seguridade Social nunha porcentaxe do 87,22%, sendo o 12,77% restante de cargo das empresas Rodríguez Pascual y Cía., S.L. e Conservas María Núñez nos termos precedentemente sinalados.

Devólvase á recorrente a parte proporcional á porcentaxe sinalada da cantidade consignada para recorrer.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a M. Muñoz Alimentación, Conservas María Núñez, con domicilio descoñecido, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de maio de 2012

O secretario xudicial