Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, da contratación da subministración de bens de forma sucesiva e por prezo unitario, mediante acordo marco para a adquisición de mobiliario con destino aos centros de ensino dependentes desta consellería (expediente ED-27/12SU).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.

c) Número de expediente: ED-27/12SU.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de mobiliario que se describe no correspondente prego de prescricións técnicas.

b) División por lotes e número: si; 36 lotes.

c) Lugar de entrega e instalación: almacén da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sito no polígono industrial de Toedo, concello da Estrada (Pontevedra) ou no centro educativo que se sinale en función do volume de artigos para entregar.

d) Prazo de entrega: 30 días desde o asinamento do contrato ou o prazo ofertado polo adxudicatario se for inferior.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: o orzamento máximo desta contratación é de 1.321.234,82 euros (IVE excluído); IVE: 237.822,27 euros.

Importe total: 1.559.057,09 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe a súa constitución.

b) Definitiva: 5% do orzamento base de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 60.

d) Poderanse consultar os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17524

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 28 de xuño de 2012, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Admisión de variantes: admítese a presentación dunha variante. Véxase o punto 2.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49).

2) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o día 9 de xullo de 2012, ás 10.00 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

10. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 31 de maio de 2012.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2012

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria