Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 23 de maio de 2012 polo que se notifica ao interesado a interposición dun recurso de alzada recaído no expediente 078-EOL (RAI-DXI-179/10).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal a través do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense, notifícase a interposición dun recurso de alzada, para que o interesado que se sinala no anexo poida alegar o que xulgue oportuno en defensa dos seus intereses e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

A presentación de alegacións efectuarase, se é o caso, ante calquera dos rexistros indicados no artigo 38 da devandita lei nun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, e poderá recoller previamente unha copia do devandito recurso de alzada nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, con enderezo no edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 5º-4º andar, 15781 Santiago de Compostela.

Transcorrido o dito prazo sen ter efectuadas alegacións, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para presentalas.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente: 078-EOL (RAI-DXI-179/10).

Interesado: Juan Figueiredo Núñez.

Acto notificado: traslado de recurso de alzada recaído no expediente 078-EOL.