Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22378

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de maio de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 10 de febreiro de 2012 (DOG nº 38, do 23 de febreiro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante Orde do 10 de febreiro de 2012 (DOG nº 38, do 23 de febreiro), e de conformidade co establecido no artigo 29.2º do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4º do referido texto refundido, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo de xefe/a do Servizo Xurídico e Técnico-Administrativo, código EDC991000036001178, nivel 28, dependente da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, de conformidade co establecido na base sexta da citada orde de convocatoria.

Segundo. Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, poderase formular un recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria