Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2012/7-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.T. 1 SUR-PPI-5 (polígono industrial A Granxa).

Situación: O Porriño.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor tipo R.H.Z. de 30 metros de lonxitude, con orixe e final no par proxectado no nó n.º 1 na L.M.T.S. SUR PPI-5, unha vez entre e saia do C.T. proxectado n.º 1 SUR-PPI-5. Centro de transformación de 1.260 kVA (dous trafos de 630 kVA c/u), R.T. 15 kV/400-230 V, situado na zona do polígono industrial A Granxa (SUR-PPI-5).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de maio de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra