Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T.S. SUR-PPI-5 (polígono industrial A Granxa).
Situación: O Porriño.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor tipo R.H.Z. de 824 metros de lonxitude, con orixe no par proxectado na L.M.T. ATI 729 nó 1 e final no par proxectado na L.M.T. ATI 729 nó 1. A instalación está situada na zona do polígono industrial A Granxa (SUR PPI-5), O Porriño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 11 de maio de 2012.
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra