Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21846

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 25 de maio de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co disposto no artigo 29.2 da Lei 4/1988, do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo (DOG número 114, do 13 de xuño), e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.

Quinto. No caso de que resulten seleccionados/as para ocupar os postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde funcionarios/as con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde presten servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podendo, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo, ou dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2012.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Denominación do posto de traballo

Código do posto de traballo

Centro directivo

Localidade

Corp.

Esc.

Grupo

Nivel

Complemento específico

Titulación

Tipo de adscrición

Formación específica

Xefatura Área Planific. e Programac. (Subd. Xeral)

MA.X01.00.001.15770.001

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de Compostela

A2

A1

30

21.029.54

2004

A11

640

Xefatura Servizo de Planificación e Programación

MA.X01.00.001.15770.050

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de Compostela

A2

A1

28

15.981.84

2004

AXG

Xefatura Servizo de Proxectos

MA.X01.00.001.15770.100

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de Compostela

A2

A1

28

15.981.84

2004

AXG

Xefatura Servizo de Supervisión de Proxectos

MA.X01.00.001.15770.150

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de Compostela

A2

A1

28

15.981.84

2004

AXG

Xefatura Área de Obras (Subd. Xeral)

MA.X01.00.002.15770.001

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de Compostela

A2

A1

30

21.029.54

2004

A11

640

Xefatura Servizo de Obras

MA.X01.00.002.15770.050

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de Compostela

A2

A1

28

15.981.84

2004

AXG

Xefatura Servizo de Xestión de Vías de Alta Capacidade

MA.X01.00.002.15770.100

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de Compostela

A2

A1

28

15.981.84

2004

AXG

Xefatura Servizo de Seguridade Viaria e Conservación

MA.X01.00.003.15770.050

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de Compostela

A2

A1

28

15.981.84

2004

AXG

Xefatura Servizo de Explotación

MA.X01.00.003.15770.100

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de Compostela

A2

A1A2

28

15.981.84

2004/3007

AXG

Xefatura Área Contratación e Admón. (Subd. Xeral)

MA.X01.00.004.15770.001

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de Compostela

A3

A1

30

21.029.54

A11

640

Xefatura Servizo de Xestión Económico-Administrativa

MA.X01.00.004.15770.050

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de Compostela

A3

A1A2

28

15.981.84

AXG

Xefatura Servizo de Xestión Xurídico- Administrativa

MA.X01.00.004.15770.100

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de Compostela

A1

A1

28

15.981.84

2062

AXG

Xefatura Servizo de Apoio Técnico

MA.X01.00.004.15770.150

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de Compostela

A3

A1A2

28

15.981.84

2004/2062/3007

AXG

Xefatura Servizo de Coordinación Administrativa

MA.X01.00.004.15770.200

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de Compostela

A1

A1A2

28

15.981.84

AXG

501

Xefatura de servizo da Delegación Provincial da AGI

MA.X99.10.000.15001.001

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

A Coruña

A2

A1

28

14.604.66

2004

A11

640

Xefatura de servizo da Delegación Provincial da AGI

MA.X99.10.000.27001.001

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Lugo

A2

A1

28

14.604.66

2004

A11

640

Xefatura de Servizo da Delegación Provincial da AGI

MA.X99.10.000.32001.001

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Ourense

A2

A1

28

14.604.66

2004

A11

640

Xefatura de Servizo da Delegación Provincial da AGI

MA.X99.10.000.36001.001

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Pontevedra

A2

A1

28

14.604.66

2004

A11

640

2004 Enx. camiños, canles e portos

AXG Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia

501 Lic. dereito (mérito)

2062 Lic. dereito

A11 Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC. AA.

640 Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.)

3007 Enx. téc. obras públicas

ANEXO I

missing image file
missing image file