Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade á autorización ambiental integrada outorgada á Deputación Provincial de Ourense no concello de Xinzo de Limia (Ourense).

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada para a actividade industrial que se relaciona no anexo seguinte, e que se poderá consultar na seguinte URL: http://www.cmati.xunta.es/portal/cidadan/lang/gl/pid/2819, ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela, San Lázaro, s/n, 2.º andar.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

– Resolución do 12 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada e se formula a declaración de impacto ambiental para a instalación dunha planta de residuos de construción e demolición e vertedoiro de residuos non perigosos en Morgade e A Pena, comarca da Limia, no concello de Xinzo de Limia (Ourense). Titular: Deputación Provincial de Ourense. Clave: 2010-IPPC-I-1023.