Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21830

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2012 pola que se fai pública a relación de aprobados do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Por Resolución do 6 de agosto de 2010, da Dirección Xeral de Administración Local, convocouse o proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Por Resolución do 7 de outubro de 2010, da Dirección Xeral de Administración Local, resolveuse o recurso de reposición á dita convocatoria.

Por Resolución do 20 de outubro de 2010, da Dirección Xeral de Cooperación Local, dáselle publicidade á convocatoria de probas selectivas para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal efectuada pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Resolución do 20 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, aprobouse a relación provisional de admitidos e excluídos ás ditas probas, con indicación das causas de exclusión, fixando un prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para formular as alegacións que considerasen oportunas.

Por Resolución do 20 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, aprobouse a lista definitiva de admitidos ao proceso selectivo, a data do exame e designouse a composición do tribunal cualificador do dito proceso.

Por Resolución do 22 de xuño de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, fíxose público o nomeamento dun novo membro do tribunal que xulgará o proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Por Resolución do 10 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, fíxose pública a listaxe de convocados ao exame non eliminatorio de avaliación e coñecemento da lingua galega.

Por Resolución do 21 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, fanse públicas as notas do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Por Resolución do 15 de febreiro de 2012, fanse públicas as notas da fase de concurso do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Unha vez resoltas as alegacións por Resolución do 4 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, fanse públicas as notas definitivas da fase de concurso do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Rematado o proceso selectivo, ao abeiro do disposto na base IV.2 da convocatoria e en nome do tribunal, esta dirección xeral, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 15.1.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, en relación coa Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias,

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a relación de aprobados do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal que figura no anexo.

Segundo. A partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de aprobados, os aspirantes disporán dun prazo de vinte días naturais para a presentación dos seguintes documentos:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público, segundo o modelo que figura como anexo ás bases que rexen o proceso selectivo.

b) Os aspirantes con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33% que superen a oposición deberán, ademais, acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes de traballo e benestar e, de ser o caso, da Administración correspondente.

Así mesmo, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza requirirá, respecto das persoas que accedan por esta cota de reserva, documento acreditativo do órgano competente sobre a compatibilidade da discapacidade co desempeño das correspondentes funcións.

c) Documentación acreditativa de pertencer como funcionario de carreira á subescala de intervención-tesouraría, categoría de entrada, da escala de funcionarios con habilitación de carácter estatal, tendo, polo menos, dous anos de antigüidade na categoría de entrada, computados a partir da publicación do nomeamento no diario oficial correspondente.

Terceiro. Os que dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2, non poderán ser nomeados funcionarios da subescala de intervención-tesouraría, categoría superior, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá interporse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2.º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1.º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2012.

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Puntuación

Canzobre Méndez, María del Pilar

32836185M

47,28

Gómez Corbal, Olga

36130358A

47,18

Rodríguez Tourón, María Belén

33297598S

46,45

Rodríguez Pérez, Sergio

36133344E

45,16

Vázquez Parga, Luis Ramón

33328308C

45,01

Presas Beneyto, Jaime

32825403X

43,95

Moreno López, Justo

09177845V

36,64