Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 21 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan a varios interesados para seren notificados por comparecencia (Iván Barbeitos Cortizo e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servizo Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos en aplicación do Real decreto 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, con enderezo na rúa A Pastoriza, 8, 4.º. 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2012.

Carlos Rodríguez Sánchez
Director xeral de Tributos

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Procedemento

Iván Barbeitos Cortizo

72814453H

R/ Joaquín Gaztambide, n.º 3, planta 4

31201 Pamplona-Iruña

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

María Villar Broullón

36004168Z

Avenida da Coruña, n.º 101.

36940 Cangas

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

Milagrosa Dapena Gómez

32633574R

Rúa Torre, n.º 14. Ferrol

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo