Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21534

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar do comenzo das lecturas do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o 31 de maio de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

Acordou:

Primeiro. Que de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, que a lectura do terceiro exercicio da fase de oposición se realice a partir do día 7 de xuño de 2012 na sala D, sita na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, edificio administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela a partir das 17.00 horas.

Segundo. Consonte o disposto na devandita base, convócanse para a lectura pública os días 7 e 8 de xuño de 2012 no lugar e na hora sinalados as persoas opositoras indicadas no anexo.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal.

Cuarto. As convocatorias dos aspirantes que deberán concorrer os seguintes días de lectura serán efectuadas no taboleiro de anuncios do lugar indicado no parágrafo primeiro e na páxina web da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2012.

María Antonia Arias Bouzas
Presidenta do tribunal

ANEXO

Día 7 de xuño, 17.00 horas.

Apelidos e nome:

De Luis Francisco, Rodrigo 34985518-B

Díaz Lorenzo, Marta 36145127-Y

Dopico Casal, María Yesika 32697685-B

Duro Regos, María José 44832757-F

Enjo Mallou, María Cruz 33300785-M

Día 8 de xuño, 17.00 horas.

Apelidos e nome:

Escribano Fernández, Paula María 34994183-M

Fariña Clavero, Belén 76931006-P

Fernández Carricoba, Paula 33350081-N

Fernández Pérez, Marina 33347509-Q

Fernández Rodríguez, María Josefa 34627327-E