Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2011243PRO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 23 de abril de 2012, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador n.º 2011243PRO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Cafetería Finisterre, S.L., propietario do establecemento Karaoke Ronda.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Cafetería Finisterre, S.L., propietario do establecemento Karaoke Ronda, o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contando desde o día seguinte á publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, se for o caso, unha copia, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar na Caixa Galicia conta contable 840, código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago, 8 de maio de 2012.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

N.º expediente: 2011243PRO.

Denunciado: Cafetería Finisterre S.L., propietario do establecemento Karaoke Ronda.

DNI/CIF: B15342769.

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 276 A Coruña.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 42 da Lei 8/2008; artigos 7.u, 19.3 b) e 20.1 da Lei 28/2005.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 601 €.