Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21372

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 2 de abril de 2012, da Xerencia do Hospital da Costa, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca para vinculación temporal, mediante nomeamento de substitución, a cobertura dunha praza da categoría de facultativo especialista da Área de Uroloxía.

A Xerencia do Hospital da Costa, en virtude do establecido na Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a vinculación temporal, mediante nomeamento de substitución, dun facultativo especialista da Área de Uroloxía.

A mencionada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do centro hospitalario.

As solicitudes, que deberán dirixirse á Dirección Xerencia do Hospital da Costa; rúa Rafael Vior s/n, 27880 Burela, poderán ser presentadas no Rexistro de Entrada do dito centro ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Burela, 2 de abril de 2012.

José Insua Pernas
Director xerente do Hospital da Costa de Burela