Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21369

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 14 de maio de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada por Orde do 8 de febreiro de 2012 (DOG n.º 46, do 6 de marzo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar, mediante Orde do 8 de febreiro de 2012 (DOG núm. 46, do 6 de marzo), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao laboral fixo/a que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta consellería do 8 de febreiro de 2012.

Segundo. O cese no actual destino do laboral fixo/a que obtuvo praza producirase no prazo de tres días, a cesar ao adxudicatario do posto convocado, o cal disporá, para tomaren posesión, dun prazo de tres días, se o destino do novo posto radica na mesma localidade da residencia habitual ou dun mes se radica en localidade distinta e supón un cambio efectivo de residencia debidamente xustificada do traballador/a. Se na data de cesamento ou de inicio do cómputo do prazo posesorio o persoal está gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o cómputo destes comezará ao día seguinte da reincorporación ao posto de traballo.

O prazo posesorio considerarase, para todos os efectos, como de servizo activo.

Terceiro. O xefe do centro no que cause baixa o laboral fixo/a, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Apelidos e nome: Sendón Trillo, Juan Pedro.

NRP: 3242730402L145100012.

Grupo: II.

Categoría: 1.

Denominación do posto: director/a Centro Educativo.

Código: TR.C99.40.301.15001.001.

Dependencia: Centro de Menores San José de Calasanz.

Localidade: A Coruña.

C. singularidade: 5.891,40 €.

Observacións: B10//B18.