No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día, coa resolución ditada no procedemento instado pola persoa interesada, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido da resolución, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a xurisdición competente no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á data desta publicación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No prazo dun mes e de acordo co referido no artigo 61 da antedita Lei 30/1992, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (Salvador de Madariaga, 9-1.º andar), para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.
A Coruña, 14 de maio de 2012.
Luis Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Interesado/a |
DNI/NIE/PAS. |
N.º expediente |
Resolución |
Concello |
Fode Bop |
A00400830 |
15/005/0035/11 |
Recurso desestimado |
Arteixo |