Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 16 de maio de 2012, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se informa que se dá a coñecer a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

De conformidade co acordo da Dirección Xeral de Tributos do 7 de maio de 2012, infórmase que o día 29.6.2012, ás 10.00 horas, no salón de actos da Xefatura Territorial da Consellería de Facenda da Coruña, (sita na Praza de Pontevedra, 22) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1.ª

Tramos

1

Totalidade do pleno domonio por título de división horizontal do loft dúplex letra A, sito no edificio sinalado cos números 11 e 13 da Travesía de Navarra, actualmente rúa xeneral Caridad Pita, na Coruña. Ten unha superficie útil total aproximada de 71 metros e 30 decímetros cadrados. Ten como anexo o rocho-tendedeiro n.º 17 no andar baixo do edificio cunha superficie aproximada de 2,75 m2. Predio n.º 17961 Rexistro Propiedade A Coruña 4.

196.291,40

141.017,00

55.274,4

100

2

Vehículo Hyosung Business. Bastidor KM4CA14C061117002. Matrícula C2896BSF

490,00

0

490,00

50

3

50% do pleno dominio con carácter ganancial por título de compra e 50% do pleno dominio con carácter privativo por título de herdanza da casa sinalada co n.º 51 antigo, despois co 80 e hoxe co 102 do lugar de Mesoiro, parroquia de Elviña, concello da Coruña, en estado ruinoso. Ocupa a casa 36 metros cadrados e o curral outros 37 metros cadrados aproximadamente. Predio 9805 Rexistro Propiedade A Coruña número 2.

40.797,36

0

40.797,36

100

4

Terreo a secaño, denominada Lamborca, no lugar de Meirás, concello de Valdoviño, de trinta e tres áreas e trece centiáreas de superficie. Predio número 17502 do Rexistro da Propiedade de Narón.

9.939,00

0

9.939,00

100

5

Usufruto con caracter privativo e metade da núa propiedade da vivenda illada sinalada co número 17 no lugar de San Cristovo, concello de Ferrol, cunha superficie construída de setenta metros cadrados sobre un terreo de tres mil setecentos dezanove metros cadrados. Predio número 46507 do Rexistro da Propiedade de Ferrol, con número de referencia catastral 2300100NJ51D0001EH.

93.923,15

34.838,00

59.085,15

100

6

Predio rústico denominado Seixal, sito no lugar do mesmo nome, na parroquia de Adina, concello de Sanxenxo, a labradío secaño, cunha superficie de vinte e unha áreas e cincuenta e dúas centiáreas, segundo escritura notarial de compravenda do 7 de agosto de 2003, protocolo 2424. Predio número 30890 do Rexistro da Propiedade de Cambados.

2.605,20

0

2.605,20

100

7

Vehículo Citroen Berlingo 2.0 HDI. Bastidor VF7GJRHYB93141232. Matrícula 9032CTM.

3.370,00

0

3.370,00

50

8

Vehículo Renault Master. Bastidor VF1JDEFD520837449. Matrícula C8799CD.

1.260,00

0

1.260,00

50

9

100% do pleno dominio con carácter privativo do monte sito no lugar de Prado de Ribeira, parroquia de San Xiao, no concello de Narón. Da superficie de 81 áreas e 44 centiáreas. Predio n.º 19467 Rexistro Propiedade Narón.

9.716,80

0

9.716,80

100

10

100% do pleno dominio do terreo dedicado a labradío, sito no lugar de Prados, parroquia de San Xiao, no concello de Narón. Da superficie de 81 áreas e 44 centiáreas. Predio n.º 19464 Rexistro Propiedade Narón.

24.598,22

0

24.598,22

100

11

100% do pleno dominio con carácter privativo do terreo sito no lugar dos Loureiros, parroquia de Pedroso, no concello de Narón. Da superficie de 4.847 metros cadrados. Predio n.º 19463 Rexistro Propiedade Narón.

7.458,23

0

7.458,23

100

12

100% do pleno dominio con carácter privativo do predio rústico, monte sito no lugar de Prados, parroquia de San Xiao, no concello de Narón. Da superficie de 71 áreas e 26 centiáreas. Predio n.º 19472 Rexistro Propiedade Narón.

8.502,20

0

8.502,20

100

13

100% do pleno dominio por título de concentración parcelaria do prado secaño e monte no lugar de Entrepresas de Abaixo, parcela n.º 118 da zona de concentración parcelaria de Codeso-Pousada, concello de Boqueixón, de 50 áreas e 69 centiáreas. Este terreo ten encravado unha arqueta da que sae un rego. Predio 20431 Rexistro Propiedade Santiago de Compostela número 1.

16.018,04

0

16.018,04

100

14

100% do pleno dominio con carácter privativo por título de herdanza do baixo A da rúa Picaños, n.º 57, antes n.º 1 da rúa da Estrada, na Cidade de Santiago. Local dedicado a almacén cunha superficie de 59,17 m2. Predio n.º 45010 Rexistro Propiedade Santiago de Compostela número 1.

40.774,05

0

40.774,05

100

15

Vehículo Nissan Cabstar. Bastidor VWASDFTL063826469. Matrícula 2058DXD.

6.270,00

0

6.270,00

50

16

Inmoble a uso residencial sito na rúa Oidor Gregorio Tovar, número 35, escaleira 1, andar sexto, porta D, da cidade da Coruña, con setenta e oito metros cadrados de superficie construída. Adquirido por herdanza de José Tellado Freire, herdanza liquidada e aceptada por medio de escritura notarial de 5 de decembro de 2008, en que consta nota marxinal de afección por esa liquidación en virtude da que se procede ao alleamento deste inmoble consonte os números 3 e 4 do artigo 74 do Regulamento xeral de recadación e artigos 79 da Lei xeral tributaria e 67 do mesmo Regulamento xeral de recadación. Predio 58775 do Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña, identificación catastral 8006304NJ4080N0026KY.

110.188,40

0

110.188,40

100

17

Inmoble a uso residencial sito na rúa Oidor Gregorio Tovar, número 35, escaleira 1, andar terceiro, porta B da cidade da Coruña, con noventa metros cadrados de superficie construída. Adquirido por herdanza de José Tellado Freire, herdanza liquidada e aceptada por medio de escritura notarial de 5 de decembro de 2008, en que consta nota marxinal de afección por esa liquidación en virtude da que se procede ao alleamento deste inmoble consonte os números 3 e 4 do artigo 74 do Regulamento xeral de recadación e artigos 79 da Lei xeral tributaria e 67 do mesmo Regulamento xeral de recadación. Predio 58747 do Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña, identificación catastral 8006304NJ4080N0012UK.

118.405,00

0

118.405,00

100

18

Concesión administrativa dunha parcela de catrocentos oitenta e catro metros e quince decímetros cadrados, sita no porto da Pobra do Caramiñal, sobre a cal existe unha nave indistrial composta de andar baixo, destinado a taller e exposición, dunha superficie construída de catrocentos oienta e catro metros e quince decímetros cadrados; e primeiro andar alto, destinado a exposición e oficinas, dunha superficie construída de cento trinta e cinco metros e trinta e cinco decímetros cadrados. Predio 11336 do Rexistro da Propiedade de Noia.

257.561,00

153.930,90

103.630,10

100

19

100% da propiedade do predio destinado a usos agrarios sito no polígono 86, parcela 555 do lugar da Braniña, Concello de Rianxo. Superficie: 1.210 m2. Linda ao norte con camiño sen nome, ao sur co predio propiedade de Teresa Pérez Vázquez e co predio propiedade de Juan Otero Canle; ao leste co predio propiedade de José Ramón Sobradelo Vázquez e co predio propiedade de María Abuín Pereira; ao oeste co predio propiedade de Aurora Suárez Ces. Predio catastral n.º 15073A086005550000FX.

6.372,54

0

6.372,54

100

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están á disposición dos interesados, na Zona de Recaudación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribtibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a esixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demáis casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20% do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituirse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado, nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primera licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e poderá adxudicar os bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

A Coruña, 16 de maio de 2012.

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña