Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 8 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican a extinción do contrato de arrendamento por falecemento do seu titular, coa recuperación da posesión da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo P-186/08.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a extinción do contrato de arrendamento por falecemento do seu titular, coa recuperación da posesión da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo que se detalla no anexo.

Pontevedra, 8 de maio de 2012.

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P-186/08.

Nome: comunidade hereditaria de Olivia Ferreira Álvarez.

Enderezo: rúa Luxemburgo, n.º 2, 3.º C, Monte Porreiro, Pontevedra.

Asunto: extinción do contrato de arrendamento por falecemento da súa titular, coa recuperación da posesión da vivenda identificada co expediente de construción PO-81/010, conta 55.

Indicación do contido: declarara extinción do contrato de arrendamento por falecemento da súa titular, coa recuperación da posesión da vivenda identificada co expediente de construción PO-81/010, conta 55, sita na rúa Luxemburgo, n.º 2, 3.º C, Monte Porreiro, Pontevedra, que se levará a cabo polo funcionario do IGVS que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo xefe territorial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da administración, incorporada a expediente e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Recursos: contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer ante o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción conforme os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, dentro dos dous meses seguintes ao da notificación desta resolución, segundo establecen os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE n.º 167, do 14 xuño).