Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 7 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican no anexo a extinción do contrato de arrendamento por falecemento do seu titular, coa recuperación da posesión da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo P-151/08.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a extinción do contrato de arrendamento por falecemento do seu titular, coa recuperación da posesión da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo que se detalla no anexo.

Pontevedra, 7 de maio de 2012.

José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P-151/08.

Nome: Comunidade hereditaria de Amparo Martínez Cuña.

Marta Fernández Losada.

Enderezo: rúa Lorient, n.º 7, 1.º B, Vigo, Pontevedra.

Asunto: extinción do contrato de arrendamento por falecemento do seu titular, coa recuperación da posesión da vivenda identificada co expediente de construción PO-ADQ1/87, conta 24.

Indicación do contido: declarar a extinción do contrato de arrendamento por falecemento do seu titular, coa recuperación da posesión da vivenda identificada co expediente de construción PO-ADQ1/87, conta 24, sita na rúa Lorient, n.º 7, 1.º B, do Concello de Vigo, Pontevedra, que levará a cabo o funcionario do IGVS que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo xefe territorial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da administración, incorporada ao expediente e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicos ou locais.

Recursos: contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer perante o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción conforme os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, dentro dos dous meses seguintes ao da notificación desta resolución, segundo establecen os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).