Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 7 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican no anexo a proposta de resolución do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal DT-009/11.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a proposta de resolución do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal que se detalla no anexo.

Pontevedra, 7 de maio de 2012.

José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: DT-009/11.

Nome: Comunidade hereditaria de Belisaria Iglesias Iglesias.

Enderezo: rúa Bélxica, n.º 7, 3.º B, Monte Porreiro, Pontevedra.

Asunto: notificación da proposta de resolución do procedemento de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título legal DT-009/11.

Recursos: notifíqueselles a presente proposta aos interesados facéndolles saber do seu dereito a formular alegacións así como a presentar os documentos e xustificantes que considere convenientes, nun prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da notificación da presente proposta.

Igualmente, ponse no seu coñecemento que a partir deste momento poderá acceder ao contido do expediente nestas dependencias administrativas e que pode obter copias dos documentos que constan nel, ao abeiro do establecido nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993, concedéndoselle un prazo de quince días, para formular alegacións e presentar os documentos e información que considere pertinentes.