Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21334

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dodro

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello.

O Pleno municipal, en sesión extraordinaria do día 23 de abril de 2012, por unanimidade dos concelleiros asistentes á sesión, acordou:

1. Aprobar o documento inicial de modificación puntual do PXOM para adaptar á normativa que regula o solo rústico á lexislación vixente nos termos que constan no expediente.

2. Abrir un período de información pública durante dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior difusión da provincia, que quedará exposto para exame e presentación de alegacións.

Dodro, 24 de abril de 2012.

Valentín Alfonsín Somoza
Alcalde