Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21333

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de información pública sobre exposición e venda de materiais de construción e bricolaxe na parroquia de Abegondo deste concello.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente que se tramita por solicitude de Ceferino de la Iglesia Bello, S.L., de actividade para comercio de exposición e venda de materiais de construción e bricolaxe, na parroquia de Abegondo, neste termo municipal, durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia. O expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que aquel que se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que considere convenientes.

Abegondo, 8 de maio de 2012.

Alberto Seoane Brandariz
Alcalde en funcións