De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural, sita na rúa Fernández Ladreda, edificio administrativo, 2.º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Pontevedra, 15 de maio de 2012.
Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: INC-PO-0242/2011-LSA.
Denunciado: Juan Bautista García Táboas.
Acto de notificación: resolución.
Expediente: INC-PO-0050/2012-BIO.
Denunciado: Marcial Domínguez Caldas.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Expediente: INC-PO-0119/2012-LSA.
Denunciado: Jesús Castro Alonso.
Acto de notificación: acordo de incoación.
Expediente: SAN-PO-0098/2012-MP.
Denunciada: Susana Saa Aznar.
Acto de notificación: resolución.