Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 14 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifican á interesada Gandería Blanco, S.L. as resolucións de subrogación de plan de mellora ditadas nos expedientes 36/07/136B, 36/08/163B e 36/09/409F.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse á interesada que se sinala no anexo deste anuncio as resolucións de subrogación na axuda ditadas nos expedientes 36/07/136B e 36/08/163B, de plan de mellora para a eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, así como no expediente 36/09/409F, de plan de mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas a través da redución dos custos de produción.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao desta publicación, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e para a constancia de tal coñecemento.

Contra as ditas resolucións poderá o interesado interpoñer recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, que se contará a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co previsto na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012.

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedementos: expedientes 36/07/136B, 36/08/163B e 36/09/409F, de plans de mellora.

Interesada: Gandería Blanco, S.L.

Acto de notificación: resolucións de subrogación de axuda.

Último enderezo coñecido: Pardesoa, 8, Maceira, 36516 Lalín.