Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012 pola que se comunica a aceptación do recurso de reposición interposto por Servicio de Mantenimiento Sistemas y Aplicaciones, S.L. contra a resolución de denegación de axuda ditada no expediente IG127.2010.2.271, relativo a unha axuda á adopción de novos modelos empresariais innovadores cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), mediante esta resolución ponse en coñecemento de Servicio de Mantenimiento Sistemas y Aplicaciones, S.L., titular do expediente IG127.2010.2.271, relativo a unha axuda á adopción de novos modelos empresariais innovadores, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Resolución do 21 de maio de 2010, DOG n.º 100, do 28 de maio), que con data do 3 de abril de 2012, o director xeral do Igape resolveu aceptar o recurso de reposición interposto contra a resolución de denegación de axuda.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. A resolución do recurso de reposición esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse á disposición da entidade neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica