Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012 pola que se comunica o inicio de procedemento de incumprimento total e, se é o caso, a resolución de suspensión de pagamento, aos titulares dos expedientes que se relacionan.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), pola presente resolución ponse en coñecemento dos titulares dos expedientes relacionados no anexo a esta resolución, que o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas, e suspender os pagamentos naqueles expedientes que xa tivesen presentada a solicitude de cobramento, ata que se diten as resolucións que poñan fin aos procedementos de incumprimento.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de suspensión de pagamento esgotan a vía administrativa e contra elas os titulares dos expedientes nos que se acordou esta suspensión, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

N.º expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data
resolución

Órgano que dita
a resolución

Notificación

IG104.2008.1.169

Proyectos Inmobiliarios
y Construcciones Baanante, S.L.

Proxectos dirixidos a mellorar a organización das pemes mediante a consultoría de proceso e implantación de ferramentas de xestión de proceso soporte e cadros de mando (Resolución do 5 de febreiro de 2009, DOG núm. 31, do 13 de febreiro)

20.2.2012

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG110.2011.1.168

Avioparts, S.L.

Liña participación en eventos expositivos e promocionais internacionais celebrados fóra de Galicia (Resolución do 31 de xaneiro de 2011, DOG núm. 22, do 2 de febreiro)

26.10.2011

Secretario xeral do Igape (P.D. Acordo 1.6.2011, DOG núm. 113, do 14 de xuño)

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG110.2011.1.219

Nogui Outeiro Ourense, S.L.

Liña participación en eventos expositivos e promocionais internacionais celebrados fóra de Galicia (Resolución do 31 de xaneiro de 2011, DOG núm. 22, do 2 de febreiro)

9.3.2012

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG149.2008.1.362

Blanco Méndez, Benito

Programa de apoio aos investimentos no sector transporte de viaxeiros por estrada (Resolución do 28 de abril de 2008, DOG núm. 84, do 2 de maio)

20.2.2012

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG174.2010.2.352

Reciclaxes Arenosa, S.L.

Proxectos de mellora dos equipamentos das pemes do sector servizos cun investimento subvencionable superior a 30.000 € e ata 200.000 € (Resolución do 15 de abril de 2010, DOG núm. 80, do 29 de abril e Resolución do 17 de decembro de 2010, DOG núm. 247, do 27 de decembro)

9.3.2012

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de suspensión de pagamentos