Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2012 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto e suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, da subministración de cento corenta e tres vehículos en réxime de aluguer para os servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais, actuación cofinanciada polo Feader, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 nun 57,56%, eixe 2, medida 226 (expediente 9/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de cento corenta e tres vehículos en réxime de aluguer para os servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais.

c) División por lotes e número: sí, 3. Lote n.º 1: oitenta e dous (82) vehículos de tipo todoterreo pick-up con grupo motobomba e sistema dosificador de retardante a curto prazo, durante todo o ano, lote n.º 2: cincuenta e sete (57) vehículos de tipo todoterreo pick-up con grupo motobomba e sistema dosificador de retardante a curto prazo, durante 9 meses ao ano, lote n.º 3: catro (4) vehículos todoterreo de 7 prazas, durante 9 meses ao ano.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución/entrega: prazo de entrega nun prazo máximo de 10 días hábiles desde a sinatura do contrato. O prazo de execución: lote n.º 1: trinta e seis (36) meses desde a entrega dos vehículos; lotes 2 e 3: vinte e sete (27) meses desde a entrega dos vehículos, dividido en 2 incorporacións de nove (9) meses a distribuír entre 2012 e 2015.

f) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 4.977.108,00 €, IVE (18%): 895.879,44 €, importe total: 5.872.987,44 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 7.465.662,00 € (sen IVE).

5. Financiamento: fondos propios 21,02%, fondos estatais 21,42% e Feader 57,56%, eixe 2, medida 226.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías esixidas.

Provisional: non se exixe. Definitiva: lote 1: 159.998,4 €, lote 2: 84.645 € e lote 3: 4.212 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, n.º 5, 2.º andar, 15781, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas) 981 54 60 63 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/ resultado.jsp?N=17456

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 22 de xuño de 2012.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781), podendo envialo por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (02) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, edificio administrativo n.º 5, segundo andar (edificio dos espellos) San Caetano, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas:

A apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, o día cinco de xullo de 2012.

Hora: 12.00 horas.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 25 de maio de 2012.

13. Outras informacións: condicións especiais de penalidades, segundo a letra O da carátula.

Santiago de Compostela, 25 de maio do 2012.

P.D. (Orde 30.3.2012, DOG n.º 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar