Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a renuncia do órgano de contratación á subscrición do contrato do servizo de desenvolvemento dunha campaña de promoción de produtos pesqueiros e da acuicultura por medio de paneis publicitarios e punto de venda polo miúdo. Expediente cofinanciado polo Unión Europea-Fondo Europeo da Pesca (FEP) nun 61%.

Por resolución do órgano de contratación da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 10 de maio de 2012, acordouse a renuncia á subcrición do contrato correspondente ao procedemento aberto do servizo desenvolvemento dunha campaña de promoción de produtos pesqueiros e da acuicultura por medio de paneis publicitarios e punto de venda polo miúdo, expediente núm. 2011-14-488, cuxa licitación foi publicada no DOG n.º 152, do 9 de agosto de 2011.

O expediente tramitouse de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 139 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar