Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 20931

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade dunha segunda relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2012.

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2012

Data

Título do convenio

Importe en euros

6.2.2012

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Escola Galega de Administración Pública para a formación en lingua galega do persoal ao servizo da administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012

17.025,00

6.2.2012

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística

36.000,00

6.2.2012

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Escola Galega de Administración Pública para a formación en lingua galega do persoal ao servizo das administracións de xustiza e local

17.025,00

13.2.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade Estatal de San Petersburgo (Rusia) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

6.000,00

20.2.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Camilo José Cela para instrumentar a subvención nominativa prevista na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012

265.334,00

24.2.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Vicente Risco para a difusión, estudo e preservación da obra de Vicente e Antón Risco

6.000,00

24.2.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación ECCA para levar a cabo un programa de actuacións en materia de normalización lingüística

3.000,00

27.2.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Universidad de Belgrano para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

6.000,00

27.2.2012

Acordo de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a impartición de cursos de idiomas para profesionais do sector do pequeno comercio retallista nas escolas oficiais de idiomas

0

27.2.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e The Graduate Center of The City University of New York para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

6.000,00

27.2.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Helsingin Yliopisto para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

6.000,00

27.2.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade Eötvös Loránd Tudományegyetem (Budapest) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

6.000,00

5.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación de Empresarios de Galicia para actuacións en materia de normalización lingüística

50.100,00

5.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

18.000,00

5.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Foro Enrique Peinador para levar a cabo un programa de actuacións en materia de normalización lingüística

15.000,00

5.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol para realizar un programa de actuacións en materia de normalización lingüística

3.000,00

5.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para actuacións en materia de normalización lingüística

29.000,00

5.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para actuacións en materia de normalización lingüística

19.000,00

6.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Provincial de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística

6.000,00

6.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia para levar a cabo un programa de actuacións en materia de normalización lingüística

15.000,00

6.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua para colaborar no desenvolvemento de actuacións en materia de normalización lingüística

5.000,00

12.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Otero Pedrayo para o estudo e preservación da obra de Otero Pedrayo

5.000,00

12.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Escritores en Lingua Galega para actuacións en materia de normalización lingüística

6.000,00

12.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galicia (Forga) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

3.000,00

12.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación de Autónomos de Galicia para actuacións en materia de normalización lingüística

6.000,00

12.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Diocese de Tui-Vigo para realizar un programa de actuacións en materia de normalización lingüística

3.000,00

15.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Carlos Casares para a difusión, estudo e preservación da obra de Carlos Casares

20.000,00

20.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF Galicia) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

3.000,00

20.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para potenciar e difundir o idioma galego a través da revista Dorna

2.000,00

20.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

3.000,00

21.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Delegación Territorial da ONCE en Galicia para actuacións en materia de normalización lingüística

4.000,00

21.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Española de Religiosos de Enseñanza-Centros Católicos (Ferega-Ceca) para realizar actuacións en materia de normalización lingüística

35.000,00

23.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Repsol en materia de normalización lingüística

0

26.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Europa Press Delegaciones, S.A. para potenciar o uso do idioma galego

25.000,00

26.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Preescolar na Casa para a promoción da lingua galega mediante o programa Preescolar na Casa

25.000,00

26.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e ANPE Sindicato Independiente para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

3.000,00

26.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Igrexa Católica-Arcebispado de Santiago de Compostela para realizar un programa de actuacións en materia de normalización lingüística nas catequeses das parroquias galegas e nas delegacións de pastoral xuvenil de Galicia

3.000,00

4.4.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

3.000,00