Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 20929

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre de 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no primeiro cuadrimestre de 2012

Descrición

Data

sinatura

Importe total

Addenda n.º 1 ao convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Baiona para a execución de obras en materia de urbanismo.

20.4.2012

1.103.842,64

Convenio de colaboración entre as consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ferrol para dotar de equipamento escénico ao Auditorio de Ferrol, cofinanciado polo Feder no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

17.4.2012

884.981,00

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia para soporte de cálculo intensivo.

9.4.2012

42.586,77

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Asociación Gallega de Tratamiento de Vehículos (Travega) para a utilización de vehículos fóra de uso nas prácticas do alumnado de formación profesional da familia de transporte e mantemento de vehículos.

20.3.2012

0

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) e a Federación de Propietarios Rurais, Produtores de Caza e Conservadores do Medio Natural de España (Aproca España).

9.3.2012

0

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, para o desenvolvemento de actuacións do Proxecto LIFE + Viñas Atlánticas, cofinanciado polo instrumento financiero do ambiente.

2.3.2012

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a entidade colaboradora de pesca fluvial Centro de Iniciativas Turísticas A Pontenova.

20.2.2012

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a entidade colaboradora de pesca fluvial Sociedade de Pesca Fluvial Os Pinos

10.2.2012

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a entidade colaboradora de pesca fluvial Sociedade de Pesca Deportiva de Pontemoamar.

10.1.2012

0