Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012080AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 18 de abril de 2012, a xefatura territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2012080AL-CO incoado a Qiyu Zhou (Restaurante Wasabi).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Qiyu Zhou (Restaurante Wasabi) o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do dito Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 9 de maio de 2012.

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

N.º expediente: 2012080AL-CO.

Interesado: Qiyu Zhou (Restaurante Wasabi).

DNI/NIF/CIF: X5469395H.

Último enderezo coñecido: rúa Areal, 18-2.º dereita. Perillo. 15172 Oleiros.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, art. 50.1.d) e e); art. 51.1 parágrafos 1.º, 4.º e 10.º.

Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas, art. 3, 6 e 10.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a hixiene de produtos alimenticios, art. 5 e anexo II, cap. I e II.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 600 €. Seiscentos euros.