Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012 pola que se fai pública a formalización de contratos (expedientes 301/12 e 302/12).

Expediente 301/12.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: soporte para a implantación das actividades definidas na folla de ruta para a internacionalización do proxecto Campus do Mar.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 15 de febreiro de 2012.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 140.000 €.

5. Orzamento base de licitación: 140.000 €; IVE 25.200 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 16 de abril de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 30 de abril de 2012.

c) Contratista: Sociedad Portuguesa de Innovaçao-CEFI, S.A.

Importe de adxudicación: 112.000 €; IVE 20.160 €.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151.4 da Lei 3/2011, do 14 de novembro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 da Lei 3/2011, do 14 de novembro, de contratos do sector público.

Expediente 302/12.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: modelos en vivo na Facultade de Belas Artes.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 31 de xaneiro de 2012.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 101.332 euros.

5. Orzamento base de licitación: 46,06/hora €; IVE 8,29 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de marzo de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 27 de marzo de 2012.

c) Contratista: Eulen, S.A.

d) Importe de adxudicación: 35 €/hora; IVE 6,30 €.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151.4 da Lei 3/2011, do 14 de novembro, de contratos do sector público, e conforme o disposoto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 da Lei 3/2011, do 14 de novembro, de contratos do sector público.

Vigo, 11 de maio de 2012.

P.D. (Resolución 5.9.2011; DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo