Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20909

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de información pública en procedemento de avaliación ambiental.

A Mancomunidade de Montes do Val Miñor, a través do seu representante, solicitou nesta alcaldía licenza municipal para instalación e apertura dunha planta de compostaxe de biomasa vexetal, situada na subida ao monte Galiñeiro (Vincios, Gondomar). Cumprindo o disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas no Rexistro Xeral deste Concello, das 9.00 ás 13.30 horas.

O expediente poderá ser consultado no departamento de urbanismo deste concello, de luns a venres das 9.00 ás 13.30 horas.

Gondomar, 27 de decembro de 2011.

Fernando Guitián Guitián
Alcalde