Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación de estatutos da Asociación Profesional de Graduados Sociales-Asesores Fiscales Empresarios de la Provincia de La Coruña, que pasa a denominarse Asociación Empresarial de Graduados Sociales-Asesores Fiscales, Asesorías y Consultorías de Empresa de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou o 7 de maio de 2012 certificación expedida polo secretario da referida asociación, José Noya Rodríguez, onde reflicte o acordo unánime da Asemblea Xeral que tivo lugar o 21 de decembro de 2011 e que consiste na modificación de diversos artigos, no cambio de ámbito que pasa de provincial a autonómico, así como da súa denominación que, en virtude da dita modificación, pasa a denominarse Asociación Empresarial de Graduados Sociales-Asesores Fiscales, Asesorías y Consultorías de Empresa de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais