Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2011/95-2, 7932 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica José Matanza García, S.L.

Domicilio social: r/ Casares, 11, 27528 Carballedo, Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Alto Bustelo.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

– L.M.T.A. con orixe nun apoio da liña principal da hidroeléctrica José Matanza e final no C.T.I. proxectado, cunha lonxitude de 341 metros en condutor tipo LA-56 tensado sobre apoios de formigón proxectados.

– C.T.I. Alto Bustelo, cunha potencia de 50 kVA, relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– R.B.T.A. con orixe no C.T. Alto Bustelo, cunha lonxitude de 590 metros en condutor tipo R.Z.-95 (substitución de LC-28 existente) tensado sobre apoios de formigón existentes e proxectados.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 23 de abril de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo