Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20819

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 22 de maio de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, anunciada pola Orde do 6 de abril de 2010.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola Orde do 6 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia n.º 67, do 12 de abril de 2010), de conformidade co disposto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo.

Esta consellería

dispón:

Primeiro.

Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, anunciada pola Orde do 6 de abril do de 2010 (Diario Oficial de Galicia n.º 67, do 12 de abril).

Segundo.

Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.

O xefe do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no titulo administrativo as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Cuarto.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderá impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998 do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2012.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Domínguez Blanco, José María.

NRP: 3614149446 A999A.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: subdirector xeral.

Código do posto de traballo: MA.K01.00.001.15770.001.

Centro directivo: S.X. Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: xeral/especial.

Nivel: 30.

Complemento específico: 21.029,54 €.