Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20816

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 8 de maio de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na entidade pública empresarial Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 28 de febreiro de 2012.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na entidade pública empresarial Augas de Galicia, pola Orde do 28 de febreiro de 2012 (Diario Oficial de Galicia n.º 51, do 13 de marzo), de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na entidade pública empresarial Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 28 de febreiro de 2012 (Diario Oficial de Galicia n.º 51, do 13 de marzo).

Segundo. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e seleccionar o persoal que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o persoal preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidas ao citado persoal. Nos supostos de baixa por incapacidade temporal iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa o persoal, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Ibeas Rollán, Pilar Mercedes.

NRP: 1313058457 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: superior da Administración da Xunta de Galicia.

Código do posto: MA.A01.00.001.15770.001.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

Centro de destino: Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 30.

Apelidos e nome: Boquete Pumar, M.ª Luisa.

NRP: 3333501724 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: superior da Administración da Xunta de Galicia.

Código do posto: MA.A01.00.001.15770.025.

Denominación do posto: Servizo de Tramitación Técnico-Administrativa do Dominio Público Hidráulico.

Centro de destino: Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 28.