Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20515

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Dirección de Pemes.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 24 de febreiro de 2012 (publicado no BOE do 26 de marzo por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 5 de marzo de 2012).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Dirección de Pemes, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Dirección de Pemes

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

48

Optativas

0

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Dirección Comercial e Márquetin para Pemes

6

Obrigatorio

Dirección e Xestión de Pemes

Dirección de Persoal

6

Obrigatorio

Fontes e Recursos de Información para Pemes

6

Obrigatorio

Dirección Estratéxica da Peme

6

Obrigatorio

Contabilidade para Pemes e Empresa Familiar

6

Obrigatorio

Contabilidade e Finanzas para Pemes

Finanzas para Pemes

6

Obrigatorio

Dereito Privado do Empresario

6

Obrigatorio

Marco Xurídico e Fiscal da Peme

Tributación de Pemes

6

Obrigatorio

Prácticas externas

6

Obrigatorio

Formación Integradora

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Para a obtención do título de máster universitario en Dirección de Pemes, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.