Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20517

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 9 de maio de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia-Gabinete Territorial da Coruña, anunciada pola Orde do 16 de marzo de 2012.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia-Gabinete Territorial da Coruña, anunciada pola Orde do 16 de marzo de 2012 (Diario Oficial de Galicia n.º 66, do 4 de abril), de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia-Gabinete Territorial da Coruña, anunciada pola Orde do 16 de marzo de 2012 (Diario Oficial de Galicia n.º 66, do 4 de abril).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar o funcionario que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidas ao interesado. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como daquel en que obteña destino consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2012.

P.D. (Orde 22.9.2011; DOG n.º 192, do 6 de outubro)
Valeriano Martínez García
Secretario xeral da Presidencia

ANEXO

Apelidos e nome: Benedeti Corzo, Susana Loreta.

NRP: 3279230613 A2071.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: letrado/a.

Código: PR.299.10.000.15001.003.

Corpo/escala: xeral (escala Letrados).

Nivel: 28.

Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia-Gabinete Territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.