Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Electra del Narahío, S.A.
Enderezo social: Vista Alegre, Doso, Narón, 15577 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Chao de Lamas.
Situación: concello de San Sadurniño.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 1.182 m de lonxitude, en condutor LA-56, que parte do apoio da L.M.T. Camba-Rubiños e final no C.T. aéreo de 160 kVA de Chao e R.B.T. do dito transformador, de 3.600 m de lonxitude en condutor R.Z. Concello de San Sadurniño.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 1 de outubro de 2009.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña