Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente PO-PES-2008-0031.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento PO-PES-2008-0031.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a interesada interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012.

Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: PO-PES-2008-0031.

Interesada: Minicentrales de Verdugo, S.L.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: Cantón Grande, 6, 6.º A, 15003 A Coruña.