Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20477

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 338/2011, interposto por Francisco Javier Morrondo Mencía e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 338/2011, interposto por Francisco Javier Morrondo Mencía, Agustín Díaz Alonso, Arturo Villa Torres, Ricardo Aurelio Boquete Antelo, María Isabel López Álvarez, Manuel Antonio García Tasende, Miguel José Martín Hernández, Purificación Lloret Ares, Martín Cortiñas Fernández, Consuelo Alende García, Eufemia Prieto Calaza, Marta Chousa Uría, María Isabel Folgueira Barrera, Rosa María Fernández Álvarez, María José Neira Rubinos, Carmen Piñeiro García, Luz Divina López Rodríguez, Monserrat Carballés Vidal, María José Pena Vizcaíno, Mónica Aira Pol, Raquel Álvarez Chaos, Sergio Vázquez Salvadores, Luisa María Juncal Caldas, Ana Isabel Louzán Méndez, Rafael Bañón Díaz, Fernando Antonio Quintero Fernández, José Manuel Campelos Álvarez, Jorge Ribo Landín, Nuria de la Torre González, Mónica Velo Cid, Francisco José Fumega Varela, Belén García Rodríguez, María Osorio Arias, Manuel Carlos Maseda Ferreiro, María Luz Díaz Sindín, Eva María Otero Pico, María Vanessa Montero Lortes, María Vilaso Pérez, Manuel Romero Bilbao, Natalia Linfanova Martínez, Gonzalo Luís Rey López, María Fátima Carballo Cruz, Ana Catalina Toscano Arias, Fernando Sanmartín Bao, Asunción Gancedo Baranda, Fabio Lamas Rodríguez, Ignacio Martín-Sonseca Prieto, Juan Manuel García Sexto, María del Carmen Laíño Mayo, María Luísa Bello Sanluís, Cristina Ocampo López, Ledicia Suárez Rodríguez e Mónica María Sánchez Pardiño, contra a Resolución do 2 de xaneiro de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de decembro de 2010 que aproba a relación de postos de traballo nos departamentos da Administración da Xunta de Galicia referentes aos procesos de consolidación da disposición transitoria décima do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG n.º 4, do 7 de xaneiro de 2011).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública