Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20536

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 8 de maio de 2012 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos periféricos desta consellería.

Convocada, pola Orde do 13 de marzo de 2012 (DOG n.º 64, do 2 de abril), a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos periféricos da Consellería de Sanidade, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4.º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos periféricos da Consellería de Sanidade, anunciada pola Orde do 13 de marzo de 2012 (DOG n.º 64, do 2 de abril).

Segundo. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ao persoal que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro. O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Mora Bermúdez, Beatriz.

NRP: 3321264913 A205Z.

Grupo: A1.

Nivel C.D.: 28.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Control de Riscos Ambientais.

Dependencia: Xefatura Territorial.

Localidade: Ourense.

Apelidos e nome: García Martínez, Ricardo.

NRP: 3555744835 A2060.

Grupo: A1.

Nivel C.D.: 28.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Xestión.

Dependencia: Xefatura Territorial.

Localidade: Ourense.