Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20531

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 7 de maio de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de postos de persoal directivo na estrutura de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

Por Orde do 26 de outubro de 2011 (DOG n.º 218, do 15 de novembro) anunciouse a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos cinco postos directivos superiores da estrutura de xestión integrada de Santiago de Compostela. Posteriormente, e antes de proceder á resolución desa convocatoria, produciuse un cambio de xerente de Xestión Integrada e da maioría das persoas que están a desempeñar provisionalmente os ditos postos directivos. Este cambio substancial xustifica que se deixe sen efecto a dita convocatoria e se proceda a anunciar novamente a convocatoria para cubrir os ditos postos, aos cales procede agora engadir o resto da estrutura de Xestión Integrada.

En consecuencia, de conformidade co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde (DOG n.º 199, do 15 de outubro), no artigo 121 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (DOG n.º 143, do 24 de xullo) e nos artigos 59 e 60 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo) de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en uso das atribucións conferidas a esta consellería

DISPOÑO:

Primeiro. Deixar sen efecto a Orde do 26 de outubro de 2011 (DOG n.º 218, do 15 de novembro) pola que se anunciou a convocatoria pública para a provisión de postos de persoal directivo na estrutura de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

Segundo. Anunciar a convocatoria para cubrir na dita estrutura, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

Terceiro. As retribucións fixas dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa normativa vixente sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica. As retribucións variables serán percibidas en función do cumprimento dos obxectivos previamente pactados para cada posto directivo cos órganos competentes do Servizo Galego de Saúde.

Cuarto. As solicitudes para participar na presente convocatoria poderán presentarse no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados deberán presentar, xunto co modelo de solicitude do anexo II, un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que nel aleguen.

Quinto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderán declararse desertos os postos ofertados.

Sexto. Consonte cos artigos 59 e 60 do citado Decreto 206/2005, o vínculo da persoa seleccionada formalizarase nun nomeamento de carácter administrativo para o persoal estatutario ou funcionario con vínculo de fixeza ao servizo de calquera administración pública, pertencente ao grupo de clasificación que se corresponda co nivel académico que se require para cada posto directivo e que se especifica no anexo I. Noutro caso, nos supostos previstos nos citados artigos, a vinculación da persoa seleccionada poderá formalizarse mediante contrato laboral de alta dirección.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Denominación do posto: xerente de Xestión Integrada.

Titulación requirida: licenciado/a universitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: director/a de Procesos Asistenciais.

Titulación requirida: licenciado/a sanitario/a ou diplomado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: director/a de Recursos Humanos.

Titulación requirida: licenciado/a universitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: director/a de Recursos Económicos.

Titulación requirida: licenciado/a universitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: xerente executivo do Barbanza.

Titulación requirida: licenciado/a universitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Ribeira.

Denominación do posto: director/a de Procesos de Enfermaría.

Titulación requirida: diplomado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: director/a de Procesos con Ingreso.

Titulación requirida: licenciado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: director/a de Procesos sen Ingreso e de Urxencias.

Titulación requirida: licenciado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: director/a de Procesos de Soporte.

Titulación requirida: licenciado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: subdirector/a de Sistemas de Información.

Titulación requirida: licenciado/a ou diplomado/a universitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación dos postos: subdirectores/as de Procesos Asistenciais da Área de Enfermaría (4 postos).

Titulación requirida: diplomado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación dos postos: subdirectores/as de Procesos Asistencias da Área Médica (4 postos).

Titulación requirida: licenciado/a sanitario/a ou diplomado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación dos postos: subdirectores/as da Área de Recursos Económicos (2 postos).

Titulación requirida: licenciado/a ou diplomado/a universitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: subdirector/a da Área de Recursos Humanos.

Titulación requirida: licenciado/a ou diplomado/a universitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: subdirector/a médico/a do Barbanza.

Titulación requirida: licenciado/a sanitario/a ou diplomado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Ribeira.

Denominación do posto: subdirector/a de Enfermaría do Barbanza.

Titulación requirida: diplomado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Ribeira.

Denominación do posto: subdirector/a de Xestión do Barbanza.

Titulación requirida: licenciado/a ou diplomado/a universitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Ribeira.

ANEXO II
Modelo de solicitude

DATOS PERSOAIS

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Data de nacemento

Domicilio, rúa e n.º

Provincia

Localidade

Teléfono

NO CASO DE PRESTAR SERVIZOS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Vínculo xurídico

Categoría profesional

Situación administrativa

Destino actual

SOLICITO

Posto

Estrutura de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE