Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto, tramitación ordinaria, para contratar o servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña. Campaña verán 2012.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1.º Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2.º Domicilio: avda. Salvador de Madariaga n.º 9 – 1.º andar, C.C.Elviña.

3.º Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

4.º Teléfono: 981 18 57 10.

5.º Fax: 881 88 12 50/981 18 57 01.

6.º Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

7.º Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 1.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: expediente n.º 42/2012.

1.º Servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís de Espiñeira-Boiro, Furelos-Melide e Virxe de Loreto-Porto do Son na provincia da Coruña.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución: desde o 22 de xuño de 2012 ata o 3 de setembro de 2012, segundo os períodos relacionados no prego.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPA 2008: 56.29.2 e 81.29.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cento oitenta e catro mil catrocentos dezaseis euros con sesenta e seis céntimos (184.416,66 euros). IVE (8%): catorce mil setecentos cincuenta e tres euros con trinta e catro céntimos (14.753,34 euros). Importe total: cento noventa e nove mil cento setenta euros (199.170,00 euros).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo M, subgrupo 6, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

1.º Dependencia: Rexistro Xeral da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña.

2.º Domicilio: avda. Salvador de Madariaga n.º 9 – 1.º andar, C.C.Elviña.

3.º Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

Ou calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a apertura da proposta.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: avda. Salvador de Madariaga n.º 9 – 1.º andar, C.C.Elviña, 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: ás 9.00 horas do sexto día natural contado desde a finalización do prazo de presentación de propostas.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 5,42 euros por liña).

10. Outras informacións: ver os pregos.

A Coruña, 2 de maio de 2012.

P.D. (Orde 19.8.2009)
Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña