Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2012/17).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: novo centro de transformación e alimentación a 15 kV situado na rúa Montes.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,042 km, con orixe en empalmes que se realizarán na L.M.T. EIR-705 entre os CC.TT. Castrillón, 4 (expediente IN407A 305/2004) e C.T. Travesía Montiño (expediente IN407A 235/2005), en condutor R.H.Z.1-2OL 12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, e final na mesma liña, unha vez entre e saia do C.T. proxectado.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 15/0,400-0,230 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña