Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 11 de maio de 2012 de emprazamento para notificación por comparecencia no expediente número 15R002/8/2011.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Provincial de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane s/n (edificio administrativo Monelos, 2.º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 11 de maio de 2012.

Víctor Tello Calvo
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/8/2011.

Interesada: AMR Tuning Megapark España, S.L.

CIF: B-01401223.

Acto notificado: resolución de expediente.