De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE n.º 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS, en Lugo, edificio administrativo sito na avda. de Ramón Ferreiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 7 de maio de 2012.
José M.ª López Vega
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: E.S.LU-50/2011.
Interesada: Amalia Rodríguez Rivera.
Último enderezo coñecido: rúa San Eufrasio, 18-20, 3.º C, Sarria (Lugo).
Acto de notificación: resolución de expediente sancionador.