O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xuño) impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2012.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral tecnico da Consellería de Sanidade
ANEXO
Convenio |
Importe € |
Data sinatura |
Convenio específico de colaboración entre a Administración central do Estado a través do Instituto de Saúde Carlos III e a Comunidade Autónoma de Galicia no programa de estabilización de investigadores e de intensificación da actividade investigadora no Sistema Nacional de Saúde |
40.000,00 € |
30.11.2011 |
Convenio de colaboración coa Fundación Josep Carreras para a loita contra a leucemia |
426.860,00 € |
29.12.2011 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española contra el Cáncer (Xunta Provincial de Pontevedra) para a realización de actividades de voluntariado no Hospital Nicolás Peña |
Sen achega económica |
6.10.2011 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Asociación Española contra el Cáncer (Xunta Provincial de Pontevedra) para a consolidación dun programa de atención integral a persoas con enfermidades avanzadas e aos seus familiares, no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Sen achega económica |
6.10.2011 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de formación, información e apoio aos enfermos mentais e aos seus familiares e do programa coidamos de ti |
104.871,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Galega para a Asistencia e Investigación dos Trastornos da Personalidade para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos enfermos e familiares |
39.318,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociaciones Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Fagal) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos enfermos e familiares |
72.675,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Itínera, voluntarios en saúde mental para a realización de programas de fomento e formación do voluntariado no campo da enfermidade mental para o favorecemento dunha sociedade inclusiva |
17.442,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais Aspaneps para a realización do programa de atención á saúde mental infanto xuvenil na área de Ferrol |
160.056,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Aliad-Ultreia para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos |
48.600,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Antonio Noche para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos |
27.702,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Atox para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos |
27.702,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Érguete para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos |
152.669,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Renacer para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos |
16.200,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Rexurdir Provincial para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos |
23.469,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Érguete-Integración para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos |
105.300,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga da Coruña (Aclad) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas |
1.664.232,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas |
1.479.301,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas |
916.057,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación As Burgas para o tratamiento e rehabilitación do enfermo alcohólico para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia |
168.392,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Viguesa de Alcoholoxía Asvidal para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia |
198.847,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ex Alcohólicos de Ferrolterra para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia |
108.260,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ex Alcohólicos Luís Miguel Morás da Coruña para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia |
192.827,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa terapéutico-educativo Proxecto Home de atención e rehabilitación de drogodependentes da Comunidade Autónoma de Galicia e do Programa de tratamento e rehabilitación, en réxime de comunidade terapéutica da dependencia alcohólica |
933.959,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cruz Vermella de Lugo para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas |
620.998,00 € |
9.1.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Comisión Europea, para o aseguramento do acceso á prestación de asistencia sanitaria do persoal afiliado ao réxime común de seguro de enfermidade RCSE da Comisión Europea que opte por recibila a través do Servizo Galego de Saúde |
Sen achega económica |
1.2.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Fundación Retina Plus+ e a Sociedade Española de Retina e Vitreo (SERV) para o desenvolvemento dun programa de formación de expertos en retina no CHUS |
Sen achega económica |
10.2.2012 |
Acordo de colaboración entre a Universidade Europea de Madrid e o Hospital Lucus Augusti, Servizo Galego de Saúde |
Sen achega económica |
23.12.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas dos alumnos do Máster Universitario en Saúde Pública |
Sen achega económica |
9.2.2012 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para a realización de prácticas dos/das alumnos/as do máster interuniversitario en Técnicas Estatísticas |
Sen achega económica |
16.1.2012 |
5.ª Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación para a investigación, desenvolvemento e innovación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Fundación Idichus) para a xestión do proxecto de investigación Euclides do sétimo programa Marco Europeo |
Sen achega económica |
27.2.2012 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Imserso, para a organización da prestación farmacéutica no centro de discapacitados físicos (CAMF) de Ferrol |
Sen achega económica |
14.2.2012 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) para o ano 2012. |
2.290.568,00 € |
10.1.2012 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e A Fundación Valdegodos para a organización da prestación farmacéutica no centro La Natividad de María (Vilamartín de Valdeorras) |
Sen achega económica |
8.3.2012 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo para a organización da prestación farmacéutica no centro residencia Stella Maris |
Sen achega económica |
8.3.2012 |
Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Mutua Gallega, para a mellora na xestión dos procesos de incapacidade temporal por continxencias comúns |
Sen achega económica |
1.3.2012 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Servizo Galego de Saúde para a cesión de fondos bibliográficos existentes no hospital psiquiátrico Cabaleiro Goás de Toén e no Hospital Psiquiátrico de Conxo |
Sen achega económica |
21.3.2012 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a realización de programas de atención e protección da saúde |
5.299.312,72 € |
14.4.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Larinxetomizados de Ourense (ALO) para a cesión dun local no hospital Santa María Madre (Complexo Hospitalario Universitario de Ourense) |
Sen achega económica |
27.3.2012 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Científica da Asociación Española contra o Cancro para a elaboración do estudo Abordaxe e tratamento do cancro de mama en España |
Sen achega económica |
27.3.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer de Ourense (Afaor), para a cesión do ximnasio sito no servizo de rehabilitación do Hospital de Piñor-Complexo Hospitalario Universitario de Ourense |
Sen achega económica |
5.3.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación e sensibilización no contorno sanitario |
12.150,00 € |
11.4.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para o desenvolvemento de actividades destinadas a mellorar a situación de saúde e calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas no contorno sanitario |
32.106,00 € |
11.4.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia Farga para o desenvolvemento de actividades de formación, información, asesoramento e apoio a pacientes e familiares/coidadores |
25.650,00 € |
11.4.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de pericias médico-psiquiátricas e a formación neste ámbito |
12.000,00 € |
11.4.2012 |
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas tuteladas dos/as alumnos/as do grao en óptica e optometría |
Sen achega económica |
9.4.2012 |
Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade e o Hospital Miguel Domínguez, S.L. relativo á implantación do programa galego para a detección da xordeira en período neonatal |
Sen achega económica |
16.4.2012 |